martes, 23 de outubro de 2018

Drácula

Portada da primeira edición
Drácula, de Bram Stoker, publicada en Gran Bretaña en 1893, é unha novela de terror, herdeira daquelas novelas "góticas" de finais do século XVIII e principios do XIX que, en consonancia có Romanticismo e en oposición á estética da Ilustración, poñían a énfase nos elementos irracionais da natureza humana.
Para comprender cabalmente a novela debemos ter en conta que transcurre en Londres a finais do século XIX, é dicir, na capital da nación máis civilizada do planeta, nun país que podía presumir de estar á cabeza do avance científico e técnico, do liberalismo político e económico; en resumen, de tódolos saberes, experiencias e doutrinas que, en apenas douscentos anos, revolucionaran á Humanidade, abríndolle un horizonte de aparente progreso e benestar sen límites. Na novela, os antagonistas do vampiro, representantes do mundo "diurno" e "normal", empregan tódalas novidades tecnolóxicas, dende o ferrocarril ao fonógrafo, pasando pola máquina de escribir, o telégrafo e a taquigrafía.
É neste contexto, tan civilizado e ilustrado, onde irrumpe bruscamente o conde Drácula, arrastrando consigo tódalas forzas do mal e das tebras, tódolos terrores e supersticións que a ciencia e os avances técnicos debían ter enterrado para sempre.
Si, todo isto sucederá no corazón de Inglaterra, na mesma Europa avanzada que, poucos decenios despóis, coñecerá o terror da guerra de trincheiras, os bombardeos masivos sobre a población civil ou os campos de exterminio. Como di o propio Harker no seu diario, referíndose á patria de Drácula: "deixar esta terra maldita, onde o Demo e os seus fillos aínda camiñan con pes terrenais"...
Claro que a novela de Stoker é moito, moito máis... Así que, benvidos, entrade nela voluntariamente e disfrutádea.


3 comentarios:

  1. Magnífica primeira entrada! Dáme que isto é o pricipio de unha boa aventura. Sint nobis dei Acherontis propitii!(co permiso de Marlow)

    ResponderEliminar
  2. Parece moi interesante a novela,seguro que a vou a disfrutar;grazas ratiña.

    ResponderEliminar

Podes comentar o que desexes, sempre que o fagas dende o respeto. Agarda a que os teus comentarios sexan aprobados. Grazas.