sábado, 10 de novembro de 2018

Harker no castelo de Drácula


Estivemos intercambiando impresións sobre os primeiros capítulos de 'Drácula'. Como apuntaba un membro do club, Johnathan e o seu diario actúan coma un "espello" no que nos recoñecemos, adentrándonos con el nun mundo descoñecido e inquedante.
Harker adéntrase en Oriente, nunha viaxe que ten algo de iniciático: vai deixando atrás a civilización urbana (o ferrocarril, a súa Kodak...) , que, paulatinamente, da lugar a un mundo primeiro pintoresco e rural, pronto agreste, salvaxe e sumido en supersticións que parecen ameazalo directamente.
Harker é un pequeno burgués, un profesional que vive do seu traballo, acostumado á orde (é avogado) e a quen irritan os imprevistos e as fallas de puntualidade. As súas virtudes coinciden en grande medida coas necesidades do sistema productivo ao que serve. Ten un futuro ligado ao seu traballo e á súa prometida, a quen lembra con castos pensamentos, por exemplo, cando descubre un prato que lle gusta ("apuntar esta receita para Mina"). No castelo de Drácula está illado, rodeado de lobos, entregado a unha vida nocturna imposta polo conde. É un home práctico, que se fixa e se apoia nos aspectos prácticos da vida (na biblioteca do conde só se fixa na guía de ferrocarrís e nos volumes relacionados co seu propio traballo), pero que, sen querer, pasa da Orde ao Caos, do Mundo Diurno ao Mundo Nocturno, onde mandan forzas que descoñece por completo.
Pola contra, Drácula está no seu elemento ("Transilvania non é Inglaterra") e o seu carácter contrasta grandemente co de Harker. Os dous son -permítasenos a expresión- como a Noite e o Día. Quén é Drácula? "Son un noble -di el mesmo-, un boiardo, e estou acostumado a que me coñezan e me obedezan". Pertence a unha antiga familia, á que prácticamente confunde co seu país, e considera ao resto da Humanidade coma meros peóns ao seu servizo. Así, cando fala do seu antepasado (trátase de el mesmo?) e da guerras que librou contra os invasores, di: "tras haber tenido que replegarse, volvió varias veces a la carga, solo, dejando atrás el campo de batalla, donde yacían sus soldados, sabedor de que al fin él triunfaría. ¡Dicen que, al obrar así, sólo pensó en sí mismo! Pero, ¿de qué servirían las tropas sin un jefe? ¿En qué pararía una guerra si, para conducirla, no hubiese un corazón y un cerebro?"
Seguiremos atentos á evolución dos acontecementos. Pode que a viaxe de Johnathan Harker sexa tamén unha viaxe interior, unha iniciación onde se atopará consigo mesmo e con recantos descoñecidos do seu propio espíritu. Qué sabe un o que pode chegar a descubrir cando decide mirarse nun espello? E por qué os vampiros non poden verse nos espellos?

7 comentarios:

  1. Que interesante foi a reunión do venres e q boas as indicacións do relator sobre a lectura, ratiña! Parabéns ao teu dono, o profe de latín!
    Estou totalmente de acordo co tema dos espellos; sempre me fascinou a maxia deses obxectos que son capaces de reflictir a nosa imaxe ou o que nós cremos que é a nosa imaxe real.
    Recordo con arrepíos a esa raiña bruxa do conto de Brancaneves fronte ao espello...

    ResponderEliminar
  2. Si, o dos espellos é un mundo. Da para unha tese de doutoramento. Grazas!

    ResponderEliminar
  3. La verdad es que es bastante interesante,por ahora lo que estoy leyendo es bastante interesante

    ResponderEliminar
  4. Q pena me entró cuando no pude ir a las 2 últimas reuniones, por culpa de Q canté a clase, pero ya me pondré al día

    ResponderEliminar
  5. Me encanta el drama que tiene y la forma en que se espresa es la leche

    ResponderEliminar
  6. E un libro bastante interesante, describe cada detalle e pensamiento,e, apartir do capítulo 2 os seguintes se te fan super cortos

    ResponderEliminar

Podes comentar o que desexes, sempre que o fagas dende o respeto. Agarda a que os teus comentarios sexan aprobados. Grazas.