Nosferatu (1922) é unha das primeiras adaptacións cinematográficas da novela de Bram Stoker, aínda que se lle cambiou o nome ao conde (aquí é Orlock) para tratar de evadir o pago dos dereitos de autor.
Aínda hoxe se descoñece a verdadeira identidade do actor que interpreta ao vampiro. Nos títulos de crédito aparece identificado como Max Shreck, pero non se coñece a ningún actor deste nome. Algúns pensan que se trataba do propio Murnau, o director da película. No "Batman returns" de Tim Burton hai unha personaxe que leva este mesmo nome, nunha clara homenaxe a este clásico do cine mudo; nome que, apenas alterado, se lle puxo tamén a outra popular persoaxe de cine animado.
"¡Nosferatu! Quizáis esa palabra non che soe coma o berro dunha ave de mal agoiro, pero evita pronunciala ou a vida se esvaecerá en sombras, os teus pesadelos se materializarán e se alimentarán do teu sangue".
Isto cada vez está máis interesante! Recordo ver esta película, cando era noviña, soa en casa, cun ollo na tele e outro na porta da sala que daba a un longo corredor escuro. Era unha rara mestura de medo e pracer!
ResponderEliminar