luns, 22 de outubro de 2018

O castelo de Drácula

Castelo de Bran
Benvidos a Transilvania, a derradeira provincia conquistada polas lexións de Roma, en latín a "terra máis aló dos bosques". De feito, o nome de "Rumanía" ven de ser este país o único do seu entorno que ten unha lingua derivada do latín.
Este é o castelo de Bran, un grande reclamo turístico que, tradicionalmente, é coñecido como o castelo de Drácula, aínda que a súa relación có personaxe é máis que dudosa. De todos modos, é bonito. Cómo será de noite, en inverno, cós montes cubertos de neve e os lobos esfameados ouveando preto das vilas? Ah, escoitádeos! Os fillos da noite... Qué música tan fermosa!... 



Castelo de Poenari

Este outro é o castelo Poenari, do que si se sabe con certeza que foi utilizado por Vlad Draculea.

1 comentario:

  1. Este club de lectura vai ter que reclamar unha visita turística ao castelo de Bran para ver en vivo e en directo esa paisaxe tan arrepiante (como me gusta esta palabra derivada do latín "horripilare" que provoca que os cabelos se poñan de punta por efecto do medo solo con pronunciala). Xa estou vendo a neve o os lobos...

    ResponderEliminar

Podes comentar o que desexes, sempre que o fagas dende o respeto. Agarda a que os teus comentarios sexan aprobados. Grazas.