O Drácula histórico... e outros vampiros
|
Vlad Draculea |
Este é o retrato de Vlad Draculea, tamén chamado Vlad "Tepes" ("O Empalador"), noble rumano do século XV que naceu en
Transilvania e foi príncipe desta rexión, así como de Valaquia. En Rumanía é admirado e recoñecido como un heroe nacional pola súa defensa da indepencia do país, en oposición ós turcos e a Hungría; pero tamén é lembrado pola
súa extrema crueldade: de ahí o sobrenome de "Empalador", debido á súa marcada
afección por esta forma de execución. El é a personaxe histórica na que está libremente baseado o "conde" Drácula de Bran Stoker. Vlad viviu nunha época e nunha rexión castigada polas guerras, onde as
torturas, as matanzas e os abusos dos poderosos eran tristemente habituais.
|
Henry Irving |
Cóntase que os rasgos físicos do Drácula de Stoker están
inspirados no actor Henry Irving,
con quen o novelista mantiña unha estreita relación profesional (Stoker era o seu
segredario e o administrador do seu teatro) e, ao parecer, un tanto
"vampírica", pois Irving era, segundo algúns testimonios, unha persoa absorbente, narcisista e manipuladora.
Outra
personaxe de Transilvania a quen se lle atribúen numerosos crimes case
"vampíricos" (foi acusada de torturar e asasinar a ducias de mozas para
logo bañarse no seu sangue) é a condesa Erzsébet Bathory, tamén coñecida como "a condesa sanguenta". Ela foi a personaxe histórica que inspirou a Sheridan Lefanu a súa vampiresa Carmilla, protagonista dunha novela homónima que probablemente influiu no Drácula de Stoker.
Que interesante a información sobre Irving! Non tiña nin idea desa tóxica relación! Efectivamente era un vampiro psíquico.
ResponderEliminarA historia da condesa sanguenta sempre me fascinou; iso de ver a súa pel rexuvenecida polas pingas do sangue da súa criada e a voráxine que este feito provocou despois... Arrepiante!
O nivel segue altísimo, Ramiro, en cada nova entrada; xa estou enganchada!