O concepto da muller e da sexualidade feminina que subxace á imaxe da "vampiresa" é que a muller ou é "santa" e asexuada ou é unha... "muller fatal" que só serve para perder aos homes, como se só elas fosen as responsables dos desexos que despertan no varón.
O varón victoriano anula e nega a sexualidade feminina, pero, lóxicamente, non pode deixar de desexala, co que convirte ese desexo en culpa e transfire a culpa ao propio obxecto do seu desexo, ata o punto de demonizalo e convertelo en algo "monstruoso".
No capítulo XVI, onde se produce a morte de Lucy a mans de van Helsing e os seus compañeiros, podemos ver neles reaccións de repugnancia (sincera?) ante a "voluptuosidade" e a desvergoña que amosa esta non-morta. Resulta enormemente sospeitosa a insistencia do narrador na "voluptuosidade" de Lucy.
Nesta escea de 'Drácula, príncipe das tebras', de Terence Fisher, podemos ver unha escea en que un grupo de varón (clérigos, ademáis), acaban violentamente cunha muller vampiro, suxeitándoa con forza e cravándolle unha estaca. Intelligentibus pauca...
Que perpetua condena ás mulleres! De anxos a demonios, de virtuosas a devorahomes, de santas a bruxas!Que difícil papel!
ResponderEliminar