Aquí tedes unha imaxe de Whitby de hai tempo, máis ou menos có aspecto
que tería na época en que transcorre Drácula. Na parte alta, á dereita,
está a abadía, e xusto á esquerda a igrexa parroquial e o cemiterio que
se describen no diario de Mina, ó comezo do capítulo VI: "Xusto enriba da cidade están as ruinas da abadía de Whitby, que foi saqueada polos daneses, escenario dunha parte de Marmion,
cando emparedan á moza. Son unhas ruinas nobles, cheas de detalles
fermosos e románticos; hai unha lenda que di que nunha das fiestras
aparécese unha dama de branco. Entre a abadía e a cidade hai outra
igrexa, a parroquial, rodeada por un cemiterio cheo de tumbas".
Estoutras dúas fotografías, tamén de Whitby, son recentes.
Magníficas fotografías para ilustrar o espazo da historia! Con elas nos ofrece, profe de latín, a posibilidade de facermos unha idea de como era o porto onde recala o "Deméter".
ResponderEliminarEncántame poñerlle decorados a unha boa historia!!!