Estivemos intercambiando impresións sobre os primeiros capítulos de
'Drácula'. Como apuntaba un membro do club, Johnathan e o seu diario
actúan coma un "espello" no que nos recoñecemos, adentrándonos con el
nun mundo descoñecido e inquedante.
Harker adéntrase en Oriente, nunha viaxe que ten algo de iniciático: vai
deixando atrás a civilización urbana (o ferrocarril, a súa Kodak...) ,
que, paulatinamente, da lugar a un mundo primeiro pintoresco e rural,
pronto agreste, salvaxe e sumido en supersticións que parecen ameazalo
directamente.
Pola contra, Drácula está no seu elemento ("Transilvania non é Inglaterra") e o seu carácter contrasta grandemente co de Harker. Os dous son -permítasenos a expresión- como a Noite e o Día. Quén é Drácula? "Son un noble -di el mesmo-, un boiardo, e estou acostumado a que me coñezan e me obedezan". Pertence a unha antiga familia, á que prácticamente confunde co seu país, e considera ao resto da Humanidade coma meros peóns ao seu servizo. Así, cando fala do seu antepasado (trátase de el mesmo?) e da guerras que librou contra os invasores, di: "tras haber tenido que replegarse, volvió varias veces a la carga, solo, dejando atrás el campo de batalla, donde yacían sus soldados, sabedor de que al fin él triunfaría. ¡Dicen que, al obrar así, sólo pensó en sí mismo! Pero, ¿de qué servirían las tropas sin un jefe? ¿En qué pararía una guerra si, para conducirla, no hubiese un corazón y un cerebro?"
Seguiremos atentos á evolución dos acontecementos. Pode que a viaxe de Johnathan Harker sexa tamén unha viaxe interior, unha iniciación onde se atopará consigo mesmo e con recantos descoñecidos do seu propio espíritu. Qué sabe un o que pode chegar a descubrir cando decide mirarse nun espello? E por qué os vampiros non poden verse nos espellos?
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Podes comentar o que desexes, sempre que o fagas dende o respeto. Agarda a que os teus comentarios sexan aprobados. Grazas.