Durante a súa estancia no castelo, Harker sofre o ataque de tres
mulleres vampiro, nunha escea cargada de erotismo. "É novo e forte. Hai
bicos para todas". Harker cae preso do seu feitizo, da súa
voluptuosidade e da súa morbosa beleza. "Desexaba que aqueles beizos me
bicasen". Cando redacta o seu diario, non pode deixar de sentir vergoña
pensando en que Mina, a súa prometida, pode ler esta escea algún día.
Qué grande contraste hai entre estes escuros desexos e os castos
pensamentos con que o noso protagonista evoca sempre á súa amada! Cómo é
que Harker está tan indefenso fronte aos engados das vampiresas? É só o
poder destas demoníacas mulleres ou son os propios instintos do xoven
avogado, eses instintos reprimidos que explotan agora no entorno
adecuado?
Nótese que son elas quen toman a iniciativa e que, ao longo da novela,
son as únicas persoaxes femininas que veremos amosando esta agresividade
e esta sexualidade explícita. Pobre Johnathan! Quén podía imaxinar que
as mulleres tivesen líbido?...
Este artigo
pode darnos unha idea do transgresiva que era esta escea aínda a finais
do século XIX, cando as mulleres, por decreto social, carecían de
desexo sexual.
A escea é interrumpida por un Drácula furioso, que non quere ceder a súa
vítima ata ter cumpridos os seus plans. Neste caso, é o conde quen,
curiosamente, salva a "decencia" e os "bos costumes". As vampiras non
teñen máis remedio que enfriar o seu "entusiasmo", aínda que botando en
cara a Drácula que el non sabe "amar". Na película de Francis Ford
Coppola 'Bram Stoker's Dracula, de 1992, estas tres mulleres demoníacas
aparecen retratadas coma un verdadeiro tíaso, coma ménades en éxtase, seguidoras de Dioniso
que celebran salvaxes ritos en plena natureza, deixando atrás as
ataduras e normas sociais e deixándose levar polos seus instintos. Nun
dos coros das 'Bacantes', de Eurípides, as mulleres cantan:
"Qué dozura cando probo, no monte, o sangue do cabrito inmolado, delicia da carne crúa!"
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Podes comentar o que desexes, sempre que o fagas dende o respeto. Agarda a que os teus comentarios sexan aprobados. Grazas.