O ano remata, pero nós comezamos de novo co Club de Lectura. Unha das obras que imos ler é 'Frankenstein ou o moderno Prometeo', de Mary Shelley. Como o titán Prometeo, o doutor Frankenstein pretende converterse en benefactor da Humanidade. Se Prometeo, desafiando a Zeus, levou o lume aos homes (e, por tanto, a Tecnoloxía), o doutor Frankenstein pretende que o coñecemento humano levante o veo que cobre a vida e a morte. Nalgunhas versións do mito, Prometeo é o tamén o creador da Humanidade, á que modela con lama, de xeito similar a como fixo o Deus de Abraham. Tamén o doutor Frankenstein se erixe en creador, aínda que a súa macabra obra empregará outros materiais: "o matadoiro e a sala de disección proporcionáronme a materia prima".
Achégase o Nadal. Probablemente en New York instalaron xa a tradicional árbore de Nadal do Rockefeller Center, detrás da escultura que representa a Prometeo levando o lume aos homes. Lume e escuridade é o que nos agarda nos próximos meses. Ten tanto que comentar a obra de Mary Shelley que xa nos estremecemos de medo e de pracer. Anímadevos e vide connosco!
Aquí podedes descargar o texto en formato pdf ou en formato epub.
Magnífica entrada para "recomenzar" o noso club! Xa estou desexando iniciar a lectura! Frankenstein e Prometeo, unha conxunción perfecta!
ResponderEliminarEsta obra vainos dar momentos fantásticos sen dúbida!
ya deseo que sea el club de lectura ese libro se ve muy interesante ya quiero leerlo
ResponderEliminarestoy deseando de empezar
ResponderEliminarestoy deseando de empezar
ResponderEliminarxa desexo que comece estou emocionada
ResponderEliminar