A tripulación do "Deméter" sabe que leva un cargamento de terra. O que
non sabe é que nesa terra, a terra da súa patria, descansa o conde
Drácula. Non é casual que o barco que transporta semellante carga se
chame precisamente así, "Deméter", en grego "deusa nai". Deméter é a
deusa da agricultura (en latín Ceres, de onde o "cereal") e a súa filla,
Perséfone, raptada por Hades, o deus dos infernos, "resucita" cada
primavera para reunirse coa súa nai.
Pero hai máis. A sanguinaria viaxe de Drácula no "Deméter" (con
asasinatos e suicidios por afogamento incluidos) lembra de novo a Dioniso, que, secuestrado por uns piratas,
revélase a bordo coma un deus, transformándose en león e matando aos
seus captores (do "Deméter" tamén saltará un can grande e fero cando o
barco chegue a Whitby). Algúns dos piratas saltan pola borda
aterrorizados, converténdose en golfiños. En ambos casos estamos ante
unha "epifanía" sanguenta.
luns, 20 de novembro de 2023
O pasaxeiro do "Deméter"
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Podes comentar o que desexes, sempre que o fagas dende o respeto. Agarda a que os teus comentarios sexan aprobados. Grazas.