xoves, 30 de novembro de 2023
O clasismo en Drácula
Escasa é a presenza da clase traballadora na novela, pero chama a
atención o xeito en que é retratada. Cando o reporteiro do Pall Mall, no
capítulo VIII, reproduce a súa entrevista co garda do zoolóxico,
insiste na petición reiterada de propinas por parte do traballador. En
capítulos sucesivos, primeiro un doutor compañeiro de Seward (capít.
XII) e despóis o propio Johnathan Harker (capítulo XVII), cando se
entrevistan cos carreteiros ou transportistas que levan varias caixas de
terra dende a abadía de Carfax, reflicten a insistencia dos
traballadores en recibir unha propina que lles axude a curar a súa
"espantosa sede". Pode que haxa unha broma, un tópico que se nos escapa,
pero da a sensación de que este é concepto que o autor ou polo menos as
súas persoaxes teñen da clase traballadora. É máis, unha das criadas da
familia Westenra, que se presta voluntariamente a velar o cadáver de
Lucy, resulta ser pouco leal coa súa defunta ama e moi interesada, pois,
ao día seguinte, Van Helsing descubre que roubara o crucifixo que el
deixara sobre o rostro de Lucy para protexela do vampiro. Lembremos que
os nosos protagonistas pertencen aos estratos máis elevados da sociedade
ou que están en camiño de ascender a eles. Por exemplo, cando Mina, no
capítulo XII, escribe á súa amiga Lucy, ignorando que está xa morta,
transmítelle o "respetuoso saúdo" do seu esposo, Johnathan, pero, a
renglón seguido, engade que lle parece un saúdo demasiado distante e
frío porque Johnathan xa non é un simple pasante, senón socio do seu
bufete de avogados; por tanto, pode permitirse ser un pouco máis cercano
coa amiga rica da súa esposa. Nótese o clasismo que destila a pasaxe.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Podes comentar o que desexes, sempre que o fagas dende o respeto. Agarda a que os teus comentarios sexan aprobados. Grazas.