Como conclusión ás dúas entradas anteriores, queremos suliñar que a palabra "vampiresa" e a imaxe da "vampiresa" ou "muller fatal" tivo un longo percorrido no cine e na cultura popular do século XX. Así define a RAE esta palabra: "mujer que aprovecha su capacidad de seducción amorosa en beneficio propio".
O concepto da muller e da sexualidade feminina que subxace á imaxe da "vampiresa" é que a muller ou é "santa" e asexuada ou é unha... "muller fatal" que só serve para perder aos homes, como se só elas fosen as responsables dos desexos que despertan no varón.
O varón victoriano anula e nega a sexualidade feminina, pero, lóxicamente, non pode deixar de desexala, co que convirte ese desexo en culpa e transfire a culpa ao propio obxecto do seu desexo, ata o punto de demonizalo e convertelo en algo "monstruoso".
No capítulo XVI, onde se produce a morte de Lucy a mans de van Helsing e os seus compañeiros, podemos ver neles reaccións de repugnancia (sincera?) ante a "voluptuosidade" e a desvergoña que amosa esta non-morta. Resulta enormemente sospeitosa a insistencia do narrador na "voluptuosidade" de Lucy.
Nesta escea de 'Drácula, príncipe das tebras', de Terence Fisher, podemos ver unha escea en que un grupo de varón (clérigos, ademáis), acaban violentamente cunha muller vampiro, suxeitándoa con forza e cravándolle unha estaca. Intelligentibus pauca...
Acaba o capítulo IV con Harker "abandoado" por Drácula en mans desas "mulleres demoníacas" que o acosan sexualmente e ábrese o capítulo V coa correspondencia de dúas mulleres victorianas. Da existencia dunha delas xa tiñamos noticia, pois non é outra que Mina, a prometida de Harker. Qué nos di de si mesma?
A través da carta que Mina escribe á súa amiga Lucy enterámonos de que é "mestra auxiliar", unha das poucas profesións que podía desempeñar "unha muller decente" na Inglaterra victoriana. Tamén nos enteramos de que practica a taquigrafía e a mecanografía, para... Prosperar na súa profesión? Non, para axudar no traballo ao seu futuro esposo. Non o di, pero ata é posible que pense en deixar a súa profesión para adicarse a ser, a tempo completo, a "señora de Harker". En capítulos posteriores veremos cómo Mina fai referencia ao seu desexo de ser periodista, que deixa de lado para casar, cómo incluso aprende de memoria os horarios de trens para axudar ao seu esposo, e tamén cómo non pode evitar facer unha broma ao doutor van Helsing, a quen lle entrega uns papeis escritos en taquigrafía, para satisfacer o seu ego; e ela misma explica este acto polo "regusto da mazá de Ëva". Máis interesantes aínda son as respostas de Lucy. É rica e non traballa. Só espera que lle pidan matrimonio; e recibe tres peticións nun só día, o que lle provoca unha emoción que case nin se molesta en disimular. Antes de entrar na elección de Lucy, fixémonos no que di das mulleres: "Temo que as mulleres non sempre somos tan honestas como deberíamos"; "Miña querida Mina, por qué os homes posúen tal grandeza de alma, cando nós, as mulleres, somos indignas deles?" Non nos imos estender na coquetería de Lucy e no seu indisimulado goce polas tres proposicións de matrimonio, porque saltan á vista e son doadas de verificar. Só queremos suliñar que se trata dunha muller da súa clase social e do seu tempo, que ten interiorizado o discurso misóxino, aínda que é perfectamente consciente da hipocresía que implica. Agora ben, é consciente do que representa a súa elección? Stoker convértea nun Paris feminimo, e, coma o príncipe troiano, debe elixir entre a beleza (Morris, o texano/Afrodita), a sabedoría (o doutor Seward/Atenea) e a posición social (Holmwood/Hera). A súa elección, non o oculta, está tomada dende o principio. Opta pola posición social. Pero sigamos lendo. Pode haber forzas con que ela non conta, forzas irracionais e tentadoras contra as que, quizáis, non teña unha forza de vontade tan férrea como a de Harker.
Escasa é a presenza da clase traballadora na novela, pero chama a
atención o xeito en que é retratada. Cando o reporteiro do Pall Mall, no
capítulo VIII, reproduce a súa entrevista co garda do zoolóxico,
insiste na petición reiterada de propinas por parte do traballador. En
capítulos sucesivos, primeiro un doutor compañeiro de Seward (capít.
XII) e despóis o propio Johnathan Harker (capítulo XVII), cando se
entrevistan cos carreteiros ou transportistas que levan varias caixas de
terra dende a abadía de Carfax, reflicten a insistencia dos
traballadores en recibir unha propina que lles axude a curar a súa
"espantosa sede". Pode que haxa unha broma, un tópico que se nos escapa,
pero da a sensación de que este é concepto que o autor ou polo menos as
súas persoaxes teñen da clase traballadora. É máis, unha das criadas da
familia Westenra, que se presta voluntariamente a velar o cadáver de
Lucy, resulta ser pouco leal coa súa defunta ama e moi interesada, pois,
ao día seguinte, Van Helsing descubre que roubara o crucifixo que el
deixara sobre o rostro de Lucy para protexela do vampiro. Lembremos que
os nosos protagonistas pertencen aos estratos máis elevados da sociedade
ou que están en camiño de ascender a eles. Por exemplo, cando Mina, no
capítulo XII, escribe á súa amiga Lucy, ignorando que está xa morta,
transmítelle o "respetuoso saúdo" do seu esposo, Johnathan, pero, a
renglón seguido, engade que lle parece un saúdo demasiado distante e
frío porque Johnathan xa non é un simple pasante, senón socio do seu
bufete de avogados; por tanto, pode permitirse ser un pouco máis cercano
coa amiga rica da súa esposa. Nótese o clasismo que destila a pasaxe.
A tripulación do "Deméter" sabe que leva un cargamento de terra. O que
non sabe é que nesa terra, a terra da súa patria, descansa o conde
Drácula. Non é casual que o barco que transporta semellante carga se
chame precisamente así, "Deméter", en grego "deusa nai". Deméter é a
deusa da agricultura (en latín Ceres, de onde o "cereal") e a súa filla,
Perséfone, raptada por Hades, o deus dos infernos, "resucita" cada
primavera para reunirse coa súa nai.
Pero hai máis. A sanguinaria viaxe de Drácula no "Deméter" (con
asasinatos e suicidios por afogamento incluidos) lembra de novo a Dioniso, que, secuestrado por uns piratas,
revélase a bordo coma un deus, transformándose en león e matando aos
seus captores (do "Deméter" tamén saltará un can grande e fero cando o
barco chegue a Whitby). Algúns dos piratas saltan pola borda
aterrorizados, converténdose en golfiños. En ambos casos estamos ante
unha "epifanía" sanguenta.
Durante a súa estancia no castelo, Harker sofre o ataque de tres
mulleres vampiro, nunha escea cargada de erotismo. "É novo e forte. Hai
bicos para todas". Harker cae preso do seu feitizo, da súa
voluptuosidade e da súa morbosa beleza. "Desexaba que aqueles beizos me
bicasen". Cando redacta o seu diario, non pode deixar de sentir vergoña
pensando en que Mina, a súa prometida, pode ler esta escea algún día.
Qué grande contraste hai entre estes escuros desexos e os castos
pensamentos con que o noso protagonista evoca sempre á súa amada! Cómo é
que Harker está tan indefenso fronte aos engados das vampiresas? É só o
poder destas demoníacas mulleres ou son os propios instintos do xoven
avogado, eses instintos reprimidos que explotan agora no entorno
adecuado?
Nótese que son elas quen toman a iniciativa e que, ao longo da novela,
son as únicas persoaxes femininas que veremos amosando esta agresividade
e esta sexualidade explícita. Pobre Johnathan! Quén podía imaxinar que
as mulleres tivesen líbido?... Este artigo
pode darnos unha idea do transgresiva que era esta escea aínda a finais
do século XIX, cando as mulleres, por decreto social, carecían de
desexo sexual.
A escea é interrumpida por un Drácula furioso, que non quere ceder a súa
vítima ata ter cumpridos os seus plans. Neste caso, é o conde quen,
curiosamente, salva a "decencia" e os "bos costumes". As vampiras non
teñen máis remedio que enfriar o seu "entusiasmo", aínda que botando en
cara a Drácula que el non sabe "amar". Na película de Francis Ford
Coppola 'Bram Stoker's Dracula, de 1992, estas tres mulleres demoníacas
aparecen retratadas coma un verdadeiro tíaso, coma ménades en éxtase, seguidoras de Dioniso
que celebran salvaxes ritos en plena natureza, deixando atrás as
ataduras e normas sociais e deixándose levar polos seus instintos. Nun
dos coros das 'Bacantes', de Eurípides, as mulleres cantan:
"Qué dozura cando probo, no monte, o sangue do cabrito inmolado, delicia da carne crúa!"
Estivemos intercambiando impresións sobre os primeiros capítulos de
'Drácula'. Como apuntaba un membro do club, Johnathan e o seu diario
actúan coma un "espello" no que nos recoñecemos, adentrándonos con el
nun mundo descoñecido e inquedante.
Harker adéntrase en Oriente, nunha viaxe que ten algo de iniciático: vai
deixando atrás a civilización urbana (o ferrocarril, a súa Kodak...) ,
que, paulatinamente, da lugar a un mundo primeiro pintoresco e rural,
pronto agreste, salvaxe e sumido en supersticións que parecen ameazalo
directamente.
Harker é un pequeno burgués, un profesional que vive do seu traballo,
acostumado á orde (é avogado) e a quen irritan os imprevistos e as
fallas de puntualidade. As súas virtudes coinciden en grande medida coas
necesidades do sistema productivo ao que serve. Ten un futuro ligado ao
seu traballo e á súa prometida, a quen lembra con castos pensamentos,
por exemplo, cando descubre un prato que lle gusta ("apuntar esta
receita para Mina"). No castelo de Drácula está illado, rodeado de
lobos, entregado a unha vida nocturna imposta polo conde. É un home
práctico, que se fixa e se apoia nos aspectos prácticos da vida (na
biblioteca do conde só se fixa na guía de ferrocarrís e nos volumes
relacionados co seu propio traballo), pero que, sen querer, pasa da Orde
ao Caos, do Mundo Diurno ao Mundo Nocturno, onde mandan forzas que
descoñece por completo.
Pola contra, Drácula está no seu elemento ("Transilvania non é
Inglaterra") e o seu carácter contrasta grandemente co de Harker. Os
dous son -permítasenos a expresión- como a Noite e o Día. Quén é
Drácula? "Son un noble -di el mesmo-, un boiardo, e estou acostumado a
que me coñezan e me obedezan". Pertence a unha antiga familia, á que
prácticamente confunde co seu país, e considera ao resto da Humanidade
coma meros peóns ao seu servizo. Así, cando fala do seu antepasado
(trátase de el mesmo?) e da guerras que librou contra os invasores, di:
"tras haber tenido que replegarse, volvió varias veces a la carga, solo,
dejando atrás el campo de batalla, donde yacían sus soldados, sabedor
de que al fin él triunfaría. ¡Dicen que, al obrar así, sólo pensó en sí
mismo! Pero, ¿de qué servirían las tropas sin un jefe? ¿En qué pararía
una guerra si, para conducirla, no hubiese un corazón y un cerebro?"
Seguiremos atentos á evolución dos acontecementos. Pode que a viaxe de
Johnathan Harker sexa tamén unha viaxe interior, unha iniciación onde se
atopará consigo mesmo e con recantos descoñecidos do seu propio
espíritu. Qué sabe un o que pode chegar a descubrir cando decide mirarse
nun espello? E por qué os vampiros non poden verse nos espellos?
Este é o retrato de Vlad Draculea, tamén chamado Vlad "Tepes" ("O Empalador"), noble rumano do século XV que naceu en
Transilvania e foi príncipe desta rexión, así como de Valaquia. En Rumanía é admirado e recoñecido como un heroe nacional pola súa defensa da indepencia do país, en oposición ós turcos e a Hungría; pero tamén é lembrado pola
súa extrema crueldade: de ahí o sobrenome de "Empalador", debido á súa marcada
afección por esta forma de execución. El é a personaxe histórica na que está libremente baseado o "conde" Drácula de Bran Stoker. Vlad viviu nunha época e nunha rexión castigada polas guerras, onde as
torturas, as matanzas e os abusos dos poderosos eran tristemente habituais.
Henry Irving
Cóntase que os rasgos físicos do Drácula de Stoker están inspirados no actor Henry Irving,
con quen o novelista mantiña unha estreita relación profesional (Stoker era o seu
segredario e o administrador do seu teatro) e, ao parecer, un tanto
"vampírica", pois Irving era, segundo algúns testimonios, unha persoa absorbente, narcisista e manipuladora. Outra
personaxe de Transilvania a quen se lle atribúen numerosos crimes case
"vampíricos" (foi acusada de torturar e asasinar a ducias de mozas para
logo bañarse no seu sangue) é a condesa Erzsébet Bathory, tamén coñecida como "a condesa sanguenta". Ela foi a personaxe histórica que inspirou a Sheridan Lefanu a súa vampiresa Carmilla, protagonista dunha novela homónima que probablemente influiu no Drácula de Stoker.
"Su
dulzura se había convertido en una crueldad terrible e inhumana, y
su pureza en una
perversidad
voluptuosa. (...)
En
esos momentos, lo que me quedaba de amor por ella se convirtió en
odio y repugnancia; si fuera preciso matarla, lo habría hecho en
aquel preciso momento, con un deleite inimaginable. Al mirar, sus
ojos brillaban con un
resplandor
demoníaco, y el rostro se arrugó en una sonrisa voluptuosa (...).
(...)
Cuando la forma avanzó hacia él, con los brazos abiertos y una
sonrisa de voluptuosidad en los labios, se echó hacia atrás y
escondió
el
rostro en las manos. No obstante, la figura siguió avanzando, con
movimientos suaves y graciosos.
— Ven
a mí, Arthur —dijo—.
Deja a todos los demás y ven a mí. Mis brazos tienen hambre de ti.
Ven, y podremos quedarnos juntos. ¡Ven, esposo mío, ven!
Había
algo diabólicamente dulce en el tono de su voz... Algo semejante al
ruido producido por el vidrio cuando se golpea que nos impresionó a
todos los presentes, aun cuando las palabras no nos habían sido
dirigidas. En cuanto a Arthur, parecía estar bajo el influjo de un
hechizo; apartó las manos de su rostro y abrió los brazos. (...)
El
cadáver parecía Lucy vista en medio de una pesadilla, con sus
colmillos afilados y la boca voluptuosa manchada de sangre, que lo
hacía a uno estremecerse a su sola vista. Tenía un aspecto carnal y
vulgar, que parecía una caricatura diabólica de la dulce pereza de
Lucy. (...)
Allí,
en el ataúd, no reposaba ya la cosa espantosa que habíamos odiado
tanto, de la que considerábamos como un privilegio su destrucción y
que se la confiamos a la persona más apta para ello, sino Lucy, tal
y como la habíamos conocido en vida, con su rostro de inigualable
dulzura y pureza".
A cita é longa, pero necesaria: odiosa, carnal, voluptuosa (catro veces), vulgar... Como para dubidar do carácter sexual da escea e do trasfondo sexual de toda a historia... Para Van Helsing e o seu grupo de "cruzados" da virtude, a visión de Lucy como unha muller dotada de sexualidade, dona da súa sexualidade, ou mellor dito, cunha sexualidade vulgar e provocativa, como se tomasen forma as súas propias fantasías masculinas, é intolerable. Porque o contrario, crer que Lucy nunca lles inspirou máis que visións de pureza e dozura, é crer na literalidade dous seus diarios. O que están vendo é o resultado dunha sexualidade reprimida (a súa) e, consecuentemente, deformada e enferma. Todos a unha, como unha verdadeira manada, actúan contra esa "cousa" cunha violencia extrema, unha violencia voluptuosa da que non se nos aforra ningún detalle e da que saen como bébedos e reconfortados, como se tivesen experimentado se non unha satisfacción, si polo menos unha compensación de carácter sexual. Neste fragmento de 'Drácula, príncipe das tebras' (1966) aparece perfectamente retratado o carácter represor deste castigo múltiple dirixido por uns varóns (clérigos, ademais) contra unha "vampira".
Escasa é a presenza da clase traballadora na novela, pero chama a atención o xeito en que é retratada. Cando o reporteiro do Pall Mall, no capítulo VIII, reproduce a súa entrevista co garda do zoolóxico, insiste na petición reiterada de propinas por parte do traballador. En capítulos sucesivos, primeiro un doutor compañeiro de Seward (capít. XII) e despóis o propio Johnathan Harker (capítulo XVII), cando se entrevistan cos carreteiros ou transportistas que levan varias caixas de terra dende a abadía de Carfax, reflicten a insistencia dos traballadores en recibir unha propina que lles axude a curar a súa "espantosa sede". Pode que haxa unha broma, un tópico que se nos escapa, pero da a sensación de que este é concepto que o autor ou polo menos as súas persoaxes teñen da clase traballadora. É máis, unha das criadas da familia Westenra, que se presta voluntariamente a velar o cadáver de Lucy, resulta ser pouco leal coa súa defunta ama e moi interesada, pois, ao día seguinte, Van Helsing descubre que roubara o crucifixo que el deixara sobre o rostro de Lucy para protexela do vampiro. Lembremos que os nosos protagonistas pertencen aos estratos máis elevados da sociedade ou que están en camiño de ascender a eles. Por exemplo, cando Mina, no capítulo XII, escribe á súa amiga Lucy, ignorando que está xa morta, transmítelle o "respetuoso saúdo" do seu esposo, Johnathan, pero, a renglón seguido, engade que lle parece un saúdo demasiado distante e frío porque Johnathan xa non é un simple pasante, senón socio do seu bufete de avogados; por tanto, pode permitirse ser un pouco máis cercano coa amiga rica da súa esposa. Nótese o clasismo que destila a pasaxe.
A tripulación do "Deméter" sabe que leva un cargamento de terra. O que non sabe é que nesa terra, a terra da súa patria, descansa o conde Drácula. Non é casual que o barco que transporta semellante carga se chame precisamente así, "Deméter", en grego "deusa nai". Deméter é a deusa da agricultura (en latín Ceres, de onde o "cereal") e a súa filla, Perséfone, raptada por Hades, o deus dos infernos, "resucita" cada primavera para reunirse coa súa nai.
Pero hai máis. A sanguinaria viaxe de Drácula no "Deméter" (con asasinatos e suicidios por afogamento incluidos) lembra de novo a Dioniso, que, secuestrado por uns piratas, revélase a bordo coma un deus, transformándose en león e matando aos seus captores (do "Deméter" tamén saltará un can grande e fero cando o barco chegue a Whitby). Algúns dos piratas saltan pola borda aterrorizados, converténdose en golfiños. En ambos casos estamos ante unha "epifanía" sanguenta.
Aquí tedes unha imaxe de Whitby de hai tempo, máis ou menos có aspecto
que tería na época en que transcorre Drácula. Na parte alta, á dereita,
está a abadía, e xusto á esquerda a igrexa parroquial e o cemiterio que
se describen no diario de Mina, ó comezo do capítulo VI: "Xusto enriba da cidade están as ruinas da abadía de Whitby, que foi saqueada polos daneses, escenario dunha parte de Marmion,
cando emparedan á moza. Son unhas ruinas nobles, cheas de detalles
fermosos e románticos; hai unha lenda que di que nunha das fiestras
aparécese unha dama de branco. Entre a abadía e a cidade hai outra
igrexa, a parroquial, rodeada por un cemiterio cheo de tumbas". Estoutras dúas fotografías, tamén de Whitby, son recentes.
Acaba o capítulo IV con Harker "abandoado" por Drácula en mans desas "mulleres demoníacas" que o acosan sexualmente e ábrese o capítulo V coa correspondencia de dúas mulleres victorianas. Da existencia dunha delas xa tiñamos noticia, pois non é outra que Mina, a prometida de Harker. Qué nos di de si mesma?
A través da carta que Mina escribe á súa amiga Lucy enterámonos de que é "mestra auxiliar", unha das poucas profesións que podía desempeñar "unha muller decente" na Inglaterra victoriana. Tamén nos enteramos de que practica a taquigrafía e a mecanografía, para... Prosperar na súa profesión? Non, para axudar no traballo ao seu futuro esposo. Non o di, pero ata é posible que pense en deixar a súa profesión para adicarse a ser, a tempo completo, a "señora de Harker".
Máis interesantes aínda son as respostas de Lucy. É rica e non traballa. Só espera que lle pidan matrimonio; e recibe tres peticións nun só día, o que lle provoca unha emoción que case nin se molesta en disimular.
Antes de entrar na elección de Lucy, fixémonos no que di das mulleres: "Temo que as mulleres non sempre somos tan honestas como deberíamos"; "Miña querida Mina, por qué os homes posúen tal grandeza de alma, cando nós, as mulleres, somos indignas deles?"
Non nos imos estender na coquetería de Lucy e no seu indisimulado goce polas tres proposicións de matrimonio, porque saltan á vista e son doadas de verificar. Só queremos suliñar que se trata dunha muller da súa clase social e do seu tempo, que ten interiorizado o discurso misóxino, aínda que é perfectamente consciente da hipocresía que implica.
Agora ben, é consciente do que representa a súa elección? Stoker convértea nun Paris feminimo, e, coma o príncipe troiano, debe elixir entre a beleza (Morris, o texano/Afrodita), a sabedoría (o doutor Seward/Atenea) e a posición social (Holmwood/Hera). A súa elección, non o oculta, está tomada dende o principio. Opta pola posición social. Pero sigamos lendo. Pode haber forzas con que ela non conta, forzas irracionais e tentadoras contra as que, quizáis, non teña unha forza de vontade tan férrea como a de Harker.
Durante a súa estancia no castelo, Harker sofre o ataque de tres mulleres vampiro, nunha escea cargada de erotismo. "É novo e forte. Hai bicos para todas". Harker cae preso do seu feitizo, da súa voluptuosidade e da súa morbosa beleza. "Desexaba que aqueles beizos me bicasen". Cando redacta o seu diario, non pode deixar de sentir vergoña pensando en que Mina, a súa prometida, pode ler esta escea algún día. Qué grande contraste hai entre estes escuros desexos e os castos pensamentos con que o noso protagonista evoca sempre á súa amada! Cómo é que Harker está tan indefenso fronte aos engados das vampiresas? É só o poder destas demoníacas mulleres ou son os propios instintos do xoven avogado, eses instintos reprimidos que explotan agora no entorno adecuado?
Nótese que son elas quen toman a iniciativa e que, ao longo da novela, son as únicas persoaxes femininas que veremos amosando esta agresividade e esta sexualidade explícita. Pobre Johnathan! Quén podía imaxinar que as mulleres tivesen líbido?... Este artigo pode darnos unha idea do transgresiva que era esta escea aínda a finais do século XIX, cando as mulleres, por decreto social, carecían de desexo sexual.
A escea é interrumpida por un Drácula furioso, que non quere ceder a súa vítima ata ter cumpridos os seus plans. Neste caso, é o conde quen, curiosamente, salva a "decencia" e os "bos costumes". As vampiras non teñen máis remedio que enfriar o seu "entusiasmo", aínda que botando en cara a Drácula que el non sabe "amar". Na película de Francis Ford Coppola 'Bram Stoker's Dracula, de 1992, estas tres mulleres demoníacas aparecen retratadas coma un verdadeiro tíaso, coma ménades en éxtase, seguidoras de Dioniso que celebran salvaxes ritos en plena natureza, deixando atrás as ataduras e normas sociais e deixándose levar polos seus instintos. Nun dos coros das 'Bacantes', de Eurípides, as mulleres cantan:
"Qué dozura cando probo, no monte, o sangue do cabrito inmolado, delicia da carne crúa!"
Vexamos agora unha escea das 'Bacantes' de Eurípides interpretada por Edward Fox (Penteo) e Terence Stamp (Dioniso). O deus Dioniso, disfrazado de sacerdote do seu culto, convence ao rei de Tebas, aristócrata misóxino, para vestirse de muller e espiar ás bacantes no monte en lugar de atacalas. O deus xoga cos desexos reprimidos e a feminidade reprimida de Penteo.
-Gustaríache ver ás mulleres no monte?
-Si, si, si!... Estarán borrachas... Qué vergoña!
-E, sen embargo, gustaríache velas...
-Si, si, daría calquera cousa por velas!
Estivemos intercambiando impresións sobre os primeiros capítulos de 'Drácula'. Como apuntaba un membro do club, Johnathan e o seu diario actúan coma un "espello" no que nos recoñecemos, adentrándonos con el nun mundo descoñecido e inquedante.
Harker adéntrase en Oriente, nunha viaxe que ten algo de iniciático: vai deixando atrás a civilización urbana (o ferrocarril, a súa Kodak...) , que, paulatinamente, da lugar a un mundo primeiro pintoresco e rural, pronto agreste, salvaxe e sumido en supersticións que parecen ameazalo directamente.
Harker é un pequeno burgués, un profesional que vive do seu traballo, acostumado á orde (é avogado) e a quen irritan os imprevistos e as fallas de puntualidade. As súas virtudes coinciden en grande medida coas necesidades do sistema productivo ao que serve. Ten un futuro ligado ao seu traballo e á súa prometida, a quen lembra con castos pensamentos, por exemplo, cando descubre un prato que lle gusta ("apuntar esta receita para Mina"). No castelo de Drácula está illado, rodeado de lobos, entregado a unha vida nocturna imposta polo conde. É un home práctico, que se fixa e se apoia nos aspectos prácticos da vida (na biblioteca do conde só se fixa na guía de ferrocarrís e nos volumes relacionados co seu propio traballo), pero que, sen querer, pasa da Orde ao Caos, do Mundo Diurno ao Mundo Nocturno, onde mandan forzas que descoñece por completo.
Pola contra, Drácula está no seu elemento ("Transilvania non é Inglaterra") e o seu carácter contrasta grandemente co de Harker. Os dous son -permítasenos a expresión- como a Noite e o Día. Quén é Drácula? "Son un noble -di el mesmo-, un boiardo, e estou acostumado a que me coñezan e me obedezan". Pertence a unha antiga familia, á que prácticamente confunde co seu país, e considera ao resto da Humanidade coma meros peóns ao seu servizo. Así, cando fala do seu antepasado (trátase de el mesmo?) e da guerras que librou contra os invasores, di: "tras haber tenido que replegarse, volvió varias veces a la carga, solo, dejando atrás el campo de batalla, donde yacían sus soldados, sabedor de que al fin él triunfaría. ¡Dicen que, al obrar así, sólo pensó en sí mismo! Pero, ¿de qué servirían las tropas sin un jefe? ¿En qué pararía una guerra si, para conducirla, no hubiese un corazón y un cerebro?"
Seguiremos atentos á evolución dos acontecementos. Pode que a viaxe de Johnathan Harker sexa tamén unha viaxe interior, unha iniciación onde se atopará consigo mesmo e con recantos descoñecidos do seu propio espíritu. Qué sabe un o que pode chegar a descubrir cando decide mirarse nun espello? E por qué os vampiros non poden verse nos espellos?
Drácula, de Bram Stoker, publicada
en Gran Bretaña en 1893, é unha novela de terror, herdeira daquelas
novelas "góticas" de finais do século XVIII e principios do XIX que, en
consonancia có Romanticismo e en oposición á estética da Ilustración,
poñían a énfase nos elementos irracionais da natureza humana. Para
comprender cabalmente a novela debemos ter en conta que transcurre en
Londres a finais do século XIX, é dicir, na capital da nación máis
civilizada do planeta, nun país que podía presumir de estar á cabeza do
avance científico e técnico, do liberalismo político e económico; en
resumen, de tódolos saberes, experiencias e doutrinas que, en apenas
douscentos anos, revolucionaran á Humanidade, abríndolle un horizonte de
aparente progreso e benestar sen límites. Na novela, os antagonistas do
vampiro, representantes do mundo "diurno" e "normal", empregan tódalas
novidades tecnolóxicas, dende o ferrocarril ao fonógrafo, pasando pola
máquina de escribir, o telégrafo e a taquigrafía. É neste contexto, tan
civilizado e ilustrado, onde irrumpe bruscamente o conde Drácula,
arrastrando consigo tódalas forzas do mal e das tebras, tódolos terrores
e supersticións que a ciencia e os avances técnicos debían ter
enterrado para sempre. Si, todo isto sucederá no corazón de
Inglaterra, na mesma Europa avanzada que, poucos decenios despóis,
coñecerá o terror da guerra de trincheiras, os bombardeos masivos sobre a
población civil ou os campos de exterminio. Como di o propio Harker no
seu diario, referíndose á patria de Drácula: "deixar esta terra maldita, onde o
Demo e os seus fillos aínda camiñan con pes terrenais"... Claro que a novela de Stoker é moito, moito máis... Así que, benvidos, entrade nela voluntariamente e disfrutádea.
Benvidos a Transilvania, a derradeira provincia conquistada polas
lexións de Roma, en latín a "terra máis aló dos bosques". De feito, o
nome de "Rumanía" ven de ser este país o único do seu entorno que ten
unha lingua derivada do latín. Este é o castelo de Bran, un grande
reclamo turístico que, tradicionalmente, é coñecido como o castelo de
Drácula, aínda que a súa relación có personaxe é máis que dudosa. De todos modos, é bonito. Cómo será de noite, en inverno, cós montes cubertos de neve e
os lobos esfameados ouveando preto das vilas? Ah, escoitádeos! Os
fillos da noite... Qué música tan fermosa!...
Castelo de Poenari
Este outro é o castelo Poenari, do que si se sabe con certeza que foi utilizado por Vlad Draculea.
Nosferatu (1922) é unha das primeiras adaptacións cinematográficas da novela de Bram Stoker, aínda que se lle cambiou o nome ao conde (aquí é Orlock) para tratar de evadir o pago dos dereitos de autor. Aínda hoxe se descoñece a verdadeira identidade do actor que interpreta ao vampiro. Nos títulos de crédito aparece identificado como Max Shreck, pero non se coñece a ningún actor deste nome. Algúns pensan que se trataba do propio Murnau, o director da película. No "Batman returns" de Tim Burton hai unha personaxe que leva este mesmo nome, nunha clara homenaxe a este clásico do cine mudo; nome que, apenas alterado, se lle puxo tamén a outra popular persoaxe de cine animado. "¡Nosferatu! Quizáis esa palabra non che soe coma o berro dunha ave de mal agoiro, pero evita pronunciala ou a vida se esvaecerá en sombras, os teus pesadelos se materializarán e se alimentarán do teu sangue".
En Galicia, máis concretamente, en Pontevedra, vive (é un dicir) un vampiro poeta chamado Rafael Pintos, máis coñecido como Wladimir Dragossan. Para que despois digan que os vampiros non existen... Neste mundo hai de todo. Aquí tedes dúas aparicións televisivas de Wladimir, unha delas en compaña do lexendario John Balan.