Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta cine. Amosar todas as publicacións

domingo, 18 de febreiro de 2024

As mulleres de "Drácula" (III): santas ou...

Como conclusión ás dúas entradas anteriores, queremos suliñar que a palabra "vampiresa" e a imaxe da "vampiresa" ou "muller fatal" tivo un longo percorrido no cine e na cultura popular do século XX. Así define a RAE esta palabra: "mujer que aprovecha su capacidad de seducción amorosa en beneficio propio".
O concepto da muller e da sexualidade feminina que subxace á imaxe da "vampiresa" é que a muller ou é "santa" e asexuada ou é unha... "muller fatal" que só serve para perder aos homes, como se só elas fosen as responsables dos desexos que despertan no varón.
O varón victoriano anula e nega a sexualidade feminina, pero, lóxicamente, non pode deixar de desexala, co que convirte ese desexo en culpa e transfire a culpa ao propio obxecto do seu desexo, ata o punto de demonizalo e convertelo en algo "monstruoso".
No capítulo XVI, onde se produce a morte de Lucy a mans de van Helsing e os seus compañeiros, podemos ver neles reaccións de repugnancia (sincera?) ante a "voluptuosidade" e a desvergoña que amosa esta non-morta. Resulta enormemente sospeitosa a insistencia do narrador na "voluptuosidade" de Lucy.

Nesta escea de 'Drácula, príncipe das tebras', de Terence Fisher, podemos ver unha escea en que un grupo de varón (clérigos, ademáis), acaban violentamente cunha muller vampiro, suxeitándoa con forza e cravándolle unha estaca. Intelligentibus pauca...








mércores, 11 de marzo de 2020

Blade runner: visita ao creador

Escea da película Blade Runner, onde un "replicante" creado pola compañía Tyrell mediante bioenxeñaría, visita ao seu " creador".
-Pode o creador reparar o que fixo?
Tamén en 'Frankenstein' hai duros enfrontamentos dialécticos entre a "criatura" abandoada e o seu creador.


venres, 16 de novembro de 2018

As mulleres de "Drácula" (I): o tíaso de Drácula

Durante a súa estancia no castelo, Harker sofre o ataque de tres mulleres vampiro, nunha escea cargada de erotismo. "É novo e forte. Hai bicos para todas". Harker cae preso do seu feitizo, da súa voluptuosidade e da súa morbosa beleza. "Desexaba que aqueles beizos me bicasen". Cando redacta o seu diario, non pode deixar de sentir vergoña pensando en que Mina, a súa prometida, pode ler esta escea algún día. Qué grande contraste hai entre estes escuros desexos e os castos pensamentos con que o noso protagonista evoca sempre á súa amada! Cómo é que Harker está tan indefenso fronte aos engados das vampiresas? É só o poder destas demoníacas mulleres ou son os propios instintos do xoven avogado, eses instintos reprimidos que explotan agora no entorno adecuado?
Nótese que son elas quen toman a iniciativa e que, ao longo da novela, son as únicas persoaxes femininas que veremos amosando esta agresividade e esta sexualidade explícita. Pobre Johnathan! Quén podía imaxinar que as mulleres tivesen líbido?...
Este artigo pode darnos unha idea do transgresiva que era esta escea aínda a finais do século XIX, cando as mulleres, por decreto social, carecían de desexo sexual.
A escea é interrumpida por un Drácula furioso, que non quere ceder a súa vítima ata ter cumpridos os seus plans. Neste caso, é o conde quen, curiosamente, salva a "decencia" e os "bos costumes". As vampiras non teñen máis remedio que enfriar o seu "entusiasmo", aínda que botando en cara a Drácula que el non sabe "amar". Na película de Francis Ford Coppola 'Bram Stoker's Dracula, de 1992, estas tres mulleres demoníacas aparecen retratadas coma un verdadeiro tíaso, coma ménades en éxtase, seguidoras de Dioniso que celebran salvaxes ritos en plena natureza, deixando atrás as ataduras e normas sociais e deixándose levar polos seus instintos. Nun dos coros das 'Bacantes', de Eurípides, as mulleres cantan:
"Qué dozura cando probo, no monte, o sangue do cabrito inmolado, delicia da carne crúa!"




Vexamos agora unha escea das 'Bacantes' de Eurípides interpretada por Edward Fox (Penteo) e Terence Stamp (Dioniso). O deus Dioniso, disfrazado de sacerdote do seu culto, convence ao rei de Tebas, aristócrata misóxino, para vestirse de muller e espiar ás bacantes no monte en lugar de atacalas. O deus xoga cos desexos reprimidos e a feminidade reprimida de Penteo.
-Gustaríache ver ás mulleres no monte?
-Si, si, si!... Estarán borrachas... Qué vergoña!
-E, sen embargo, gustaríache velas...
-Si, si, daría calquera cousa por velas!

venres, 12 de outubro de 2018

Nosferatu

Nosferatu (1922) é unha das primeiras adaptacións cinematográficas da novela de Bram Stoker, aínda que se lle cambiou o nome ao conde (aquí é Orlock) para tratar de evadir o pago dos dereitos de autor.
Aínda hoxe se descoñece a verdadeira identidade do actor que interpreta ao vampiro. Nos títulos de crédito aparece identificado como Max Shreck, pero non se coñece a ningún actor deste nome. Algúns pensan que se trataba do propio Murnau, o director da película. No "Batman returns" de Tim Burton hai unha personaxe que leva este mesmo nome, nunha clara homenaxe a este clásico do cine mudo; nome que, apenas alterado, se lle puxo tamén a outra popular persoaxe de cine animado.
"¡Nosferatu! Quizáis esa palabra non che soe coma o berro dunha ave de mal agoiro, pero evita pronunciala ou a vida se esvaecerá en sombras, os teus pesadelos se materializarán e se alimentarán do teu sangue".