A tripulación do "Deméter" sabe que leva un cargamento de terra. O que
non sabe é que nesa terra, a terra da súa patria, descansa o conde
Drácula. Non é casual que o barco que transporta semellante carga se
chame precisamente así, "Deméter", en grego "deusa nai". Deméter é a
deusa da agricultura (en latín Ceres, de onde o "cereal") e a súa filla,
Perséfone, raptada por Hades, o deus dos infernos, "resucita" cada
primavera para reunirse coa súa nai.
Pero hai máis. A sanguinaria viaxe de Drácula no "Deméter" (con
asasinatos e suicidios por afogamento incluidos) lembra de novo a Dioniso, que, secuestrado por uns piratas,
revélase a bordo coma un deus, transformándose en león e matando aos
seus captores (do "Deméter" tamén saltará un can grande e fero cando o
barco chegue a Whitby). Algúns dos piratas saltan pola borda
aterrorizados, converténdose en golfiños. En ambos casos estamos ante
unha "epifanía" sanguenta.
luns, 20 de novembro de 2023
O pasaxeiro do "Deméter"
mércores, 15 de novembro de 2023
As mulleres en 'Drácula' (I): o "tíaso" de Drácula
Durante a súa estancia no castelo, Harker sofre o ataque de tres
mulleres vampiro, nunha escea cargada de erotismo. "É novo e forte. Hai
bicos para todas". Harker cae preso do seu feitizo, da súa
voluptuosidade e da súa morbosa beleza. "Desexaba que aqueles beizos me
bicasen". Cando redacta o seu diario, non pode deixar de sentir vergoña
pensando en que Mina, a súa prometida, pode ler esta escea algún día.
Qué grande contraste hai entre estes escuros desexos e os castos
pensamentos con que o noso protagonista evoca sempre á súa amada! Cómo é
que Harker está tan indefenso fronte aos engados das vampiresas? É só o
poder destas demoníacas mulleres ou son os propios instintos do xoven
avogado, eses instintos reprimidos que explotan agora no entorno
adecuado?
Nótese que son elas quen toman a iniciativa e que, ao longo da novela,
son as únicas persoaxes femininas que veremos amosando esta agresividade
e esta sexualidade explícita. Pobre Johnathan! Quén podía imaxinar que
as mulleres tivesen líbido?...
Este artigo
pode darnos unha idea do transgresiva que era esta escea aínda a finais
do século XIX, cando as mulleres, por decreto social, carecían de
desexo sexual.
A escea é interrumpida por un Drácula furioso, que non quere ceder a súa
vítima ata ter cumpridos os seus plans. Neste caso, é o conde quen,
curiosamente, salva a "decencia" e os "bos costumes". As vampiras non
teñen máis remedio que enfriar o seu "entusiasmo", aínda que botando en
cara a Drácula que el non sabe "amar". Na película de Francis Ford
Coppola 'Bram Stoker's Dracula, de 1992, estas tres mulleres demoníacas
aparecen retratadas coma un verdadeiro tíaso, coma ménades en éxtase, seguidoras de Dioniso
que celebran salvaxes ritos en plena natureza, deixando atrás as
ataduras e normas sociais e deixándose levar polos seus instintos. Nun
dos coros das 'Bacantes', de Eurípides, as mulleres cantan:
"Qué dozura cando probo, no monte, o sangue do cabrito inmolado, delicia da carne crúa!"
domingo, 22 de outubro de 2023
Harker no castelo de Drácula
Estivemos intercambiando impresións sobre os primeiros capítulos de
'Drácula'. Como apuntaba un membro do club, Johnathan e o seu diario
actúan coma un "espello" no que nos recoñecemos, adentrándonos con el
nun mundo descoñecido e inquedante.
Harker adéntrase en Oriente, nunha viaxe que ten algo de iniciático: vai
deixando atrás a civilización urbana (o ferrocarril, a súa Kodak...) ,
que, paulatinamente, da lugar a un mundo primeiro pintoresco e rural,
pronto agreste, salvaxe e sumido en supersticións que parecen ameazalo
directamente.
Pola contra, Drácula está no seu elemento ("Transilvania non é Inglaterra") e o seu carácter contrasta grandemente co de Harker. Os dous son -permítasenos a expresión- como a Noite e o Día. Quén é Drácula? "Son un noble -di el mesmo-, un boiardo, e estou acostumado a que me coñezan e me obedezan". Pertence a unha antiga familia, á que prácticamente confunde co seu país, e considera ao resto da Humanidade coma meros peóns ao seu servizo. Así, cando fala do seu antepasado (trátase de el mesmo?) e da guerras que librou contra os invasores, di: "tras haber tenido que replegarse, volvió varias veces a la carga, solo, dejando atrás el campo de batalla, donde yacían sus soldados, sabedor de que al fin él triunfaría. ¡Dicen que, al obrar así, sólo pensó en sí mismo! Pero, ¿de qué servirían las tropas sin un jefe? ¿En qué pararía una guerra si, para conducirla, no hubiese un corazón y un cerebro?"
Seguiremos atentos á evolución dos acontecementos. Pode que a viaxe de Johnathan Harker sexa tamén unha viaxe interior, unha iniciación onde se atopará consigo mesmo e con recantos descoñecidos do seu propio espíritu. Qué sabe un o que pode chegar a descubrir cando decide mirarse nun espello? E por qué os vampiros non poden verse nos espellos?
venres, 20 de outubro de 2023
O castelo de Drácula?
![]() |
| Castelo de Bran |
Este é o castelo de Bran,
un grande
reclamo turístico que, tradicionalmente, é coñecido como o castelo de
Drácula, aínda que a súa relación có personaxe é máis que dudosa. De
todos modos, é bonito. Cómo será de noite, en inverno, cós montes
cubertos de neve e
os lobos esfameados ouveando preto das vilas? Ah, escoitádeos! Os
fillos da noite... Qué música tan fermosa!...
![]() |
| Castelo de Poenari |
Este outro é o castelo Poenari, do que si se sabe con certeza que foi utilizado por Vlad Draculea.
O Drácula histórico... e outros vampiros
![]() |
| Vlad Draculea |
![]() |
| Henry Irving |
inspirados no actor Henry Irving, con quen o novelista mantiña unha estreita relación profesional (Stoker era o seu segredario e o administrador do seu teatro) e, ao parecer, un tanto "vampírica", pois Irving era, segundo algúns testimonios, unha persoa absorbente, narcisista e manipuladora.
Outra personaxe de Transilvania a quen se lle atribúen numerosos crimes case "vampíricos" (foi acusada de torturar e asasinar a ducias de mozas para logo bañarse no seu sangue) é a condesa Erzsébet Bathory, tamén coñecida como "a condesa sanguenta". Ela foi a personaxe histórica que inspirou a Sheridan Lefanu a súa vampiresa Carmilla, protagonista dunha novela homónima que probablemente influiu no Drácula de Stoker.
martes, 15 de febreiro de 2022
O labirinto
Xa temos a frei Guillermo e a Adso na biblioteca, que resulta ser un labirinto. O tema do labirinto é antigo. Atopámolo xa na mitoloxía grega, na historia de Teseo, que se introduce no labirinto de Creta para enfrontarse ao Minotauro.
Ao longo da cultura occidental, o labirinto reaparece a miúdo na literatura e na arte. No século XX, o escritor arxentino Jorge Luis Borges trata en varias ocasións o tema do labirinto, por exemplo, no relato breve titulado 'A casa de Asterión', que é unha recreación do mito de Teseo. En 'La Biblioteca de Babel' imaxinou unha biblioteca onde tiñan cabida tódolos libros posibles, con tódalas variantes imaxinables, en tódolos idiomas; un labirinto que se aproxima ao mesmo Universo. Lembremos: entre a alfa e a omega, a primeira e a última das letras gregas, todo cabe no alfabeto.
Tendo en conta as xa mentadas - noutras entradas deste blog- similitudes entre Jorge Luis Borges e Jorge de Burgos (o nome, a cegueira, o cargo de bibliotecario...), non é aventurado pensar que Eco tiña en mente a biblioteca de Babel imaxinada por Borges cando concebiu a biblioteca da abadía.
xoves, 20 de xaneiro de 2022
Primer día. Vísperas. De nuevo, Occam.
—Querido Adso, no conviene multiplicar las explicaciones y las causas mientras no hay a estricta necesidad de hacerlo. Si Adelmo cayó desde el torreón oriental es preciso que hay a penetrado en la biblioteca, que alguien lo hay a golpeado primero para que no opusiese resistencia, que éste hay a encontrado la manera de subir con su cuerpo a cuestas hasta la ventana, que la hay a abierto y hay a arrojado por ella al infeliz. Con mi hipótesis, en cambio, nos basta Adelmo, su voluntad y un derrumbamiento del terreno. Todo se explica utilizando menos número de causas.
Así se expresa Guillermo en el capítulo "Primer dia. Vísperas" con respecto a la muerte de Adelmo. Hay aquí una clara aplicación del principio conocido como "Navaja de Occam", pricipio que afirma que no debemos complicar innecesariamente el razonamiento sobre las causas de un fenónemo, sino decantarnos por la explicación más sencilla. En esta misma parte del libro hay una interesante conversación con el maestro vidriero, donde se habla de recientes inventos, como las gafas, y donde Guillermo expresa su confianza en la "magia natural y santa", es decir, la ciencia y la técnica, para comprender mejor el mundo y mejorar la vida de los seres humanos. Sim embargo, nuestro fraile reconoce también la naturaleza peligrosa del conocimiento, que puede emplearse para hacer el bien o para hacer el mal. Pero esa es la condena de los hijos de Eva, desde que ella y Adán decidieron comer el fruto del árbol prohibido (el árbol del conocimiento) y abrieron los ojos.






